Tal e como comentan desde Canonical descubriuse unha serie de vulnerabilidades graves na maioría de kernels das distintas versións da distribución Linux máis popular. As versións afectadas son as versións 6.06, 8.04, 8.10, 9.04 e 9.10, quedando excluídas as versións 7.04 e 7.10.
Segundo parece o problema radica nun fallo de seguridade que permitiría o escalado de privilexios dun usuario, ademais de dispor dun elevado tráfico de rede e un posible fallo no sistema de ficheiros debido a problemas con FUSE.
A solución xa está dada, e pasa pola actualización de kernel, que segundo as versións de distribución corresponden a:
* Ubuntu 6.06 – linux-image-2.6.15-55.82
* Ubuntu 8.04 – linux-image-2.6.24-27.65
* Ubuntu 8.10 – linux-image-2.6.28-17.45
* Ubuntu 9.04 – linux-image-2.6.28-18.59
* Ubuntu 9.10 – linux-image-2.6.31-19.56
Fonte: Rebelión
_______________________


As pessoas ou entidades sem ánimo de lucro, das comarcas do noroeste galego, podem contar com nós, sem custo -de balde-, para ajudar-lhes a instalar gnu-linux nos seus computadores.



















Nenhum comentário:
Postar um comentário