sexta-feira, novembro 28, 2008

Hoje é um grande dia para o mundo do software livre na Galiza: Mancomún libera araOS para Ubuntu

Hoxe é un gran día para o mundo do software libre na Galiza. Despois dun longo tempo de traballo conxunto coa comunidade galega do software libre, xa se atopa dispoñíbel para a súa descarga a adaptación de Ubuntu GNU/Linux do araOS, o metapaquete desenvolvido enteiramente por Mancomún.

Para facilitar a súa instalación, ponse a disposición pública un servidor FTP dende o que iremos fornecendo as actualizacións necesarias desta adaptación. O araOS pode probarse descargando a ISO do CD Vivo ou ben instalando os paquetes nunha Ubuntu xa instalada, o que se pode facer consultando a guía de uso do repositorio que se acaba de publicar.

Existen en produción tres adaptacións do araOS, actualmente en funcionamento en dúas oficinas da Xunta: a da Rede de Dinamización da Sociedade da Información , e a da Oficina Técnica do PEGSI , ambas dependentes da Consellaría de Innovación e Industria, ao igual que Galinux, adaptación do araOS que fora anunciada xa en outubro.

Nos próximos meses continuaremos co desenvolvemento do araOS, seguindo o calendario de liberación de Ubuntu, e apoiando no seu caso as iniciativas que xurdan para mellorar o araOS ou portalo a outras distribucións.

Dende Mancomún queremos agradecer todo o apoio recibido tanto por parte da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, departamento da Consellaría de Innovación e Industria dirixido por Helena Veiguela, como por parte dos distintos axentes que colaboran neste proxecto: a FFCIDTG , o CESGA , as tres Universidades galegas e por suposto as asociacións de software libre e á comunidade galega de tradución de softwarelibre ao galego sen a que este proxecto non sería posíbel.

En particular, queremos destacar a achega do grupo de tradución ao galego de Ubuntu e a dúas persoas en concreto: Tomás Vilariño e Manuel "Rubio" que puxeron a andar este proxecto na súa fase máis temperá.

Fonte: http://www.mancomun.org/
___________

Nenhum comentário:

Últimas notícias: As notícias mais recentes do mundo da informática

Últimas atualizaçons: Dicas, artigos, análises, tutoriais e guias

Novidades no Fórum da Comunidade de mais de 175.000 usuários

Ediçons da RevistaGDH: Veja os últimos lançamentos da RevistaGuiadoHardware.net e seus conteúdos