quinta-feira, maio 08, 2008

O Portal VIA Linux ofrece controladores, documentación técnica e código fonte para distribucións populares de Linux como Ubuntu

VIA Lanza portal de desenvolvemento de controladores de código aberto

VIA Technologies, Inc., líder innovador de plataformas X86 eficientes no uso de enerxía, anunciou o lanzamento dunha versión beta do portal VIA Linux como parte dunha iniciativa deseñada para estender a colaboración coa comunidade de código aberto.

O Portal VIA Linux ofrecerá inicialmente controladores de gráficos para o chipset IGP de medios dixitais VIA CN896 para a nova distribución de Ubuntu 8.04 LTS. A documentación e código fonte para estes controladores serán liberados nas próximas semanas, con foros oficiais e seguimento de erros planificados para o seu implementación neste ano. O portal VIA Linux tamén se adhire a unha axenda regular de liberacións aliñada cos cambios no kernel e a liberación das principais distribucións de Linux.

Patrocinado por Canonical Ltd., Ubuntu é liberado cada seis meses, con Ubuntu 8.04 LTS como a versión máis recente que foi consistentemente clasificada entre as máis populares das moitas distribucións GNU/Linux no espazo das PC.

"Son benvidos os pasos que deu VIA para mellorar o seu soporte á comunidade de código aberto," comentou Chris Kenyon, Director de Desenvolvemento de Negocios de Canonical. "Nós buscamos traballar con VIA para asegurar que estes controladores serán integrados en Ubuntu de xeito predeterminada e que os desarrolladores e usuarios de Ubuntu gozarán unha gran experiencia cando usen as plataformas de VIA."

"En VIA estamos moi emocionados por estar tomando un papel máis activo no ecosistema do código aberto," dixo Richard Brown, Vicepresidente de Mercadotecnia Corporativa de VIA Technologies, Inc. "A apertura do Portal VIA Linux é un paso importante na nosa iniciativa a longo prazo no código aberto, e a nosa oferta de soporte para Ubuntu, unha das distribucións Linux máis amplamente coñecidas, é un sitio ideal para comezar."

A versión beta do Portal VIA Linux localízase en http://linux.via.com.tw e actualmente ofrece arquivos de controladores para Ubuntu 8.04 LTS e SUSE Linux Enterprise Desktop 10 Service Pack 1 para o chipset VIA CN896 con dúas opcións de ponte sur (south bridge).

Edgar Ricón
Ciberespacio

___________

Um comentário:

Anônimo disse...

Ola, fixen un blog en galego con o tema do linux e demais pola ausencia que notei a hora de buscar blogs en galego sobre este tema.

O blog e algo persoal pero co que intento tamen difundir un pouco a filosofia do software libre.

O blog é galego e usa o galego para difundir e postear algunha que outra cousa curiosa ou minitutoriais nos que alguen co necesite poda aprender.

A direccion é entuxiasmado.wordpress.com

Últimas notícias: As notícias mais recentes do mundo da informática

Últimas atualizaçons: Dicas, artigos, análises, tutoriais e guias

Novidades no Fórum da Comunidade de mais de 175.000 usuários

Ediçons da RevistaGDH: Veja os últimos lançamentos da RevistaGuiadoHardware.net e seus conteúdos